O pasado venres 15 de setembro celebramos o noso primeiro meetup con temática legal, en colaboración con NoLegalTech. A charla foi impartida por @abogadopenal e @kuartillo. Nesta ocasión déronse tres novidades que queremos salientar:
- Primeiro meetup que xurdiu esopontaneamente de xente que soe acudir os nosos eventos.
- Primeiro meetup que se celebra entre semán (asumindo venres tarde como laborable :P).
- Primeiro meetup no que un dos poñentes e unha muller.
Falar de comunidade técnica e temais legais non e algo que se adoite a facer. Cando xurdiu a posibilidade desta charla non dubidamos en darlle luz verde e axudar en todo o posible para a levala a cabo. Foi todo un éxito, tanto en asistencia como en participación. Xa dende o principio, quixérono enfocar como unha charla interactiva, con interrupcións e preguntas constantes que lle deron moita axilidade e axudaron a que xente que normalmente ten mais medo a preguntar ou participar se involucrara e participara activamente (quizais o reclamo de regalar unha pegatina a quen preguntara axudou a isto :D).
Nesto dos temas legais moitos dos desenvolvedores somos totalmente alleos, e escoitar falar a xente experta neste eido axuda moito a ver mais claro e poñer en valor o seu traballo. Diferencias entre autónomo, sociedades limitadas e sociedades limitadas de nova empresa; responsabilidades socias; tipos de empresas e trámites que debemos facer… son temas que todo desenvolvedor que traballe pola súa conta (ou teña intención de facelo) debería coñecer.
Dous factores claves, entre outros, para definir o éxito dunha charla prantexada dun xeito tan aberto son :
- As contínuas preguntas dos asistentes na maioría dos temas expostos.
- A sensación, tanto dos poñentes como do público, de que quedaron moitos temas por falar.
Xa que estes dous feitos se deron o pasado Venres, adiantámosvos que xa estamos a traballar no próximo meetup en colaboración con NoLegalTech para tratar temas que non chegaron a tratarse e coa seguridade de que terá tanto éxito como esta ou mais.
Moitas grazas os asistentes e sobre todos os conferenciantes polo gran éxito do evento. #BeLegalMyFriend