Novo meetup: Big Data e GIS

O vindeiro 2 de Febreiro terá lugar o primeiro meetup de XantarDev do ano. Nesta ocasión os temas a tratar serán BigData e GIS.

Na charla de BigData veremos unha introducción a minería de datos. Estamos rodeados polo “hype” do “big-data”, do “machine-learning”, da intelixencia artificial… pero, unha vez que temos datos, ¿por onde debemos comezar para extraer o coñecemento que encerran? Veremos que non fan falla coñecementos previos para entender e aplicar o más básico de “data-mining” a calquera contorna na que traballemos.

Esta charla será impartida por Aurora Baluja,  que atende doentes no Hospital Clínico de Santiago, onde ademáis explora como mellorar o seu traballo mediante a estatística.

Na charla de GIS (un acrónimo para Geographic Information Systems ou Sistemas de Información Xeográfica) veremos que unha aplicación web que precise incluir un mapa non ten por qué limitarse a usar Google Maps. Existen alternativas de código aberto tanto para a visualización de mapas como servidores de información xeográfica de libre uso. Pero non temos por qué quedarnos aí tampouco. Veremos que podemos tomar total control de toda a información xeográfica que manexemos, montar bases de datos con capacidades espaciais, e incluso, servir os nosos propios mapas.

Esta charla será impartida por Francisco Ferreiro, que leva dende 2008 dando tumbos por consultoras de Santiago facendo un pouco de todo. Ten tocado moitas tecnoloxías e non sabe de ningunha. Fai cousas con sistemas de información xeográfica dende hai 4 anos, aínda que pareza que bota o día xogando, movendo mapas.

Coma en anteriores ocasións, o evento terá lugar no CSC do Castiñeiriño. Despois do evento, no que vos agardan un par de sorpresas, compartiremos un tempo de networking nun bar cercano para coñecernos un pouco máis.

Se queres asistir, non esquezas apuntarte no evento de meetup , e  se non o fixeches xa, inscríbete no noso grupo.

Se tedes calquera dúbida ou proposta podedes escribirnos a xantardev@outlook.com. E coma sempre, estamos abertos a calquer proposta de patrocinio  🙂

 

Novo meetup: Big Data e GIS