O pasado mércores tivo lugar o III Birrastorming de XantarDev. Empezou como unha choiva de propostas de charlas e acabou converténdose nunha especie de planificación do novo curso que comeza.
Pola natureza deste encontro, ningunha destas charlas está pechada nin en contido nin en datas e como sempre, está todo aberto a novas propostas. Iremos concretando todo sobre a marcha.
Entre os temas falados, estes foron nos que mais afondamos.
– Big Data: tratamento masivo de datos con tecnoloxías abertas (neste caso, R)
– Por primeira vez, e en colaboración con outras comunidades de desenvolvedores teremos os primeiros poñentes que veñan de fóra de Galicia. Pronto daremos os nomes 😉
– Microservizos con Docker. O noso compañeiro Fran será o encargado de introducirnos neste mundo baseándose na súa experiencia.
– Xornada temática sobre bots.
– II edición de LegalDev. Trala gran acollida da primeira edición os nosos compañeiros de @NoLegalTech @abogadopenal e @kuartillo serán os encargados de amosarnos que nalgúns casos as segundas partes tamén son boas.
– Desenvolvemento Web con Spring. Dani, @kdarrey, será o encargado de introducirnos nun dos frameworks máis empregados no mundo Java.
– De cara a fomentar a participación dos membros da comunidade e deste xeito perder o medo a impartir unha charla, propoñemos o novo formato de fast talk de 15 minutos. 4 charlas de 15 minutos e ao final un foro aberto. Se tedes algunha proposta, enviádeas a xantardev@outlook.com.
– E o ano que vén para celebrar o II Aniversario de XantarDev, teremos speakers de primeiro nivel, membros de outras comunidades con máis percorrido que a nosa. Todo aniversario merece unha boa celebración.
Outro dos temas que se tratou foi a necesidade de contar con patrocinadores, tanto como en pequenos como en grandes eventos que poñan en valor o traballo que fan as comunidades de forma desinteresada. Tanto ten se é unha ronda dun birrastorming coma unha axuda nos desprazamentos d@s poñentes. Se coñeces a algunha empresa diposta a colaborar, xa sabes onde estamos.
Como ves, moitos plans, ideas, propostas e sobre todo ilusión. Isto comeza!
Únete e participa
#CreandoComunidade